Antonio Pantín, reforzo para o Peixe Galego pensando na fase de ascenso
Por Redacción
O Peixe Galego leva semanas traballando en clave 'fase de ascenso', encamiñado o seu liderado na competición regular da Liga EBA.
Os marinenses levan 19 triunfos en 19 xornadas de liga, dominando con gran autoridade o grupo A- B, pero son conscientes da dificultade que se atoparán nos cruces polo ascenso e nunha hipotéfica Final a 4.
Por iso desde a directiva seguiron traballando para reforzar o plantel, dando un paso máis a última hora do mércores coa confirmación do regreso de Antonio Pantín.
O pivote mallorquino, clave no ascenso do equipo a LEB Ouro hai dúas campañas, volve a Marín para completar o equipo no xogo interior.
Trátase dun reforzo de luxo, que tras saír do Peixe Galego deu un paso atrás por motivos persoais e que ata agora xogaba no Instituto Rosalía de Santiago, rival en EBA, co que alcanzou ata agora 15,2 puntos, 10,9 rebores e 25,9 de valoración por encontro.
Este movemento enmárcase dentro das intencións da dirección técnica de chegar ao momento decisivo da tempada co equipo na mellor forma posible para incrementar as súas opcións de ascenso.