Lores recibe a Charo Castro, nova presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este mércores no Concello a Ramón Touza e Charo Castro, actual presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O motivo da cita foi oficializar o relevo da presidencia por parte de Touza, militar, amante do deporte e histórico presidente da Gimnástica durante máis de vinte anos, ao que o alcalde manifestou o seu agradecemento pola xestión dunha sociedad que "ten moita historia, moitísimo traballo e ten dado moitas alegrías, cunha base que garante o seu futuro".
Touza, que decidiu ceder o seu posto o pasado mes de decembro tras pechar unha exitosa etapa dentro do club, aproveitou para reafirmar o seu compromiso de continuar asesorando e colaborando coa nova directiva, ademais de agradecer ao alcalde Lores o trato recibido durante os seus 22 anos de mandato, pois desde o Concello e a Concellería de Deportes sempre se portaron "con mi persona y con el club" de forma magistral, indicou, dando ao equipo moitas satisfaccións e facilidades.
A nova presidenta, Charo Castro, proclamada o pasado 25 de xaneiro en asemblea xeral e vinculada á veterana sociedad desde a súa adolescencia, declarou que desexa "coger el testigo" de Ramón, "hacerlo tan bien" como el e seguir cultivando éxitos coa Sociedad Gimnástica.
En canto o feito de ser a primeira muller presidenta do club nos seus 90 anos de historia, algo que o alcalde sinalou como un "paso adiante", Castro destacou que o importante é ter "cariño y dedicación" polo club, aínda que reseñou a importancia de que, cada vez máis, as mulleres vaiamos alcanzando postos de maior relevancia e responsabilidade.
Tamén se falou durante a presentación da xornada de Primeira División Feminina, que se celebrará na cidade de Pontevedra o próximo mes de abril. Ante a visita de equipos como o Celta, o Piélagos e o Tenerife, a nova presidenta aproveitou para destacar o labor do equipo feminino da Gimnástica, que nesta próxima cita deportiva competirán con todo o "apoyo y cariño del club", coa esperanza de que se clasifiquen e obteñan moitos puntos para facilitar o panorama do seguinte cruzamento, intentando acadar así o ascenso no escalafón da liga.
Relacionadas:
-
Nove atletas representarán á Gimnástica no Nacional Absoluto de Pista Cuberta
Por Redacción |
-
O atleta da Gimnástica Anxo Blanco proclámase en Salamanca campión de España Sub-23
Por Redacción |
-
RADIO.- Charo Castro: "Touza sempre estivo a pé do canón na Gimnástica e iso sempre me pareceu moi importante"
Por Marisa Ciordia |
-
Charo Castro, nova presidenta da Sociedad Gimnástica
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica abre unha nova época coa marcha de Ramón Touza
Por Redacción |