70 anos de paixón polo fútbol modesto na SCD Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado
Non se cumpren todos os días 70 anos de historia, e menos nun fútbol modesto que debe afrontar multitude de obstáculos no camiño.
Por ese motivo a SCD Salcedo celebra esta tempada como se merece os seus primeiros 70 anos de vida presumindo de equipos de base.
Aproveitando o encontro que o seu equipo absoluto masculino tiña programado o domingo no campo de fútbol de Príncipe Felipe, o club pontevedrés realizou a presentación oficial de todas as súas categorías nun ano tan especial para eles.
Un a un os equipos foron desfilando polo campo para concluír cunha gran foto de familia. Ademais participaron no acto ex-xogadores e directivos vinculados co Salcedo ao longo da súa historia.
Concluído a homenaxe chegou a quenda do partido da Segunda Rexional ante o Arcade, encontro que finalizou con derrota por 1 gol a 2.
Relacionadas:
-
Piden autorizacións a Defensa para retomar o proxecto do novo campo de fútbol de Salcedo
Por Redacción |
-
A SCD Salcedo abre o prazo de inscrición nos seus equipos para a próxima tempada
Por Redacción |
-
A SCD Salcedo alerta dunha posible estafa por recadación de fondos no nome do seu equipo feminino
Por Diego Espiño |
-
O Salcedo 'ponse guapo' polo seu 70 aniversario
Por Redacción |