Pontevedra será en 2018 "a cidade de España con máis competicións nacionais" de piragüismo
Por Diego Espiño
A Real Federación Española de Piragüismo aprobou durante a fin de semana o seu calendario anual para 2018, no que Pontevedra volve contar con especial protagonismo.
"É a cidade de España con máis competicións nacionais", explicou en rolda de prensa o presidente da Federación Galega, Alfredo Bea, acomapaña pola concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro.
Entre eses eventos destaca a celebración por segundo ano consecutivo na pista de Pontillón do Castro do Campionato de España de Sprint Olímpico para as categorías senior e xuvenil. A cita estrela do calendario nacional amplíase ademais nun día e celebrarase do 13 ao 15 de xullo, aspirando a reunir a preto de 700 deportistas.
Outro dos eventos destacados será a o Open Cidade de Pontevedra de piragüismo maratón, que terá categoría de Copa España (12 e 13 de maio) e que se marcou como cita selectiva para establecer a selección española que acudirá ao Campionato de Europa e o Campionato do Mundo da especialidade, polo que no río Lérez competirá "todo que queira ir ao Mundial", recalcou Bea.
Por último, de novo na pista David Cal Pontillón do Castro contará con protagonismo grazas á Copa de España de 1.000 metros de xóvenes promesas, para a categoría cadete, prevista para o día 19 de maio.
Na comparecencia celebrada no Concello de Pontevedra Alfredo Bea desvelou ademais que O Grove acollerá este ano o Campionato de España de Medio Maratón dentro da liga de ríos e travesías.
Relacionadas:
-
A elite do piragüismo maratón nacional cítase no río Lérez
Por Redacción |
-
Tambores e dragóns desembarcan este sábado no río Lérez
-
O piragüismo galego ponse a punto en Verducido
Por Redacción |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |