Xornada de festa para o fútbol base en Moraña
Por Redacción
Gran xornada de fútbol a vivida este sábado no campo de fútbol municipal do Buelo, en Moraña, onde se celebrou o Campionato Comarcal Sub-12.
As seleccións comarcais de toda Galicia, en categoría masculina e feminina, déronse cita na competición convertindo o campo morañés en toda unha festa do deporte base, desde primeira hora da mañá e ata ben entrada a tarde.
As seleccións de Pontevedra correron distinta sorte, con vitorias en categoría masculina ante A Costa da Morte (3-0) e Ferrol (4-1) e derrotas na feminina ante os equipos de Santiago (1-4) e A Coruña (1-4).
Con este resultado os mozos clasifícanse para a fase final do campionato que se celebrará o 12 de febreiro en Cedeira.