Reserva efectivos o Teucro e cae ante Ademar León no amigable de Lugo (23-29)
Por Redacción
Teucro e Abanca Ademar León disputaron un entretido, aínda que sen esixencias, partido de adestramento para pechar a mini-pretemporada antes de renovar a liga Asobal. Fixérono en Lugo, nun amigable con susto para os leoneses que viron como o seu xogador Álex Costoya aos poucos minutos do inicio sufría unha escordadura de nocello ao pisar a un rival.
Boa imaxe de ambos os equipos, a pesar de non empregarse a fondo. Mesmo Quique Domínguez reservou efectivos, para recuperar os problemas físicos que arrastran algúns dos seus homes.
A defensa e portería do equipo leonés estivo a un bo nivel, sendo a clave do resultado, nun partido que tras o 2-0 inicial foi sempre de dominio do Ademar, que soubo manter diferenzas que oscilaban entre os tres e os cinco goles, aínda que o Teucro nunca permitiu un despegamento claro, manténdose moi preto ata o final.
SD TEUCRO (23): Lloria; Santana (p.s.); Moyano (3), Borja Méndez (7), Balázquez (5), Quintas, Iván Fernández (3), Samu Gómez (1), Bruno de Castro, Dani Hernández (2) e Edu Moledo (2).
ABANCA ADEMAR (29): Biosca; Teijón (p.s.); Mario López (2), Vejin, Carou, Rodrigo (5), Piñeiro (2), Vieyra (6), David Fernández (1), Juanjo Fernández (1), Jaime Fernández (3), Acacio (2), Gonzalo Pérez (4), Costoya, Casqueiro e Pesic (3).
Árbitros: Rodríguez Rodríguez e Torreiro Barros (Galicia). Excluíron dous minutos a Quintas e Bruno de Castro (2), no Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 3-1, 3-5, 5-8, 7-10, 9-13, 11-15 (descanso); 13-16, 15-18, 17-21, 20-25, 21-26 e 23-29 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Lugo). II Trofeo Cidade de Lugo. Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Emocionante vitoria do Teucro ante o Zamora que achega a permanencia (23-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Máis que dous puntos en xogo para Teucro e Zamora no regreso da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Homenaxe do Teucro aos campións de Europa de balonmán
Por Redacción |
-
Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |