O Tenis de Mesa Monte Porreiro perde a súa imbatibilidade pero mantense á fronte de División de Honra
Por Redacción
O ADTM Leganés rompeu a imbatibilidade do Tenis de Mesa Monte Porreiro na undécima xornada da División de Honra Masculina.
Despois de 10 vitorias consecutivas, a marcha inmaculada dos pontevedrés finalizou a fin de semana coa súa primeira derrota da tempada, ademais cun claro resultado de 1-5.
Só Nacho Fernández conseguiu puntuar ao vencer o seu encontro ante José Manuel Alcántara (3-0), mentres que perdeu ante Wei Dong Shi. Pola súa banda Francisco de Borja e Cristofer Santiago non tiveron o seu mellor día e caeron nos seus respectivos partidos.
A pesar da derrota o Tenis de Mesa Monte Porreiro mantense no liderado da categoría ao termo da primeira volta con 20 puntos, consolidado na zona que daría acceso a pelexar o ascenso á Superliga.
VITORIA DO EQUIPO FEMININO
Mellor foron as cousas na última xornada ao equipo de División de Honra Feminina, que logrou o seu segundo triunfo do curso para engancharse á loita pola permanencia na categoría.
O Monte Porreiro superou ao Ripollet por 5 a 1 e colócase con 4 puntos, a 2 da zona de salvación.
Noelia Santiago venceu un dos seus encontros ante Elena Parente e cedeu no outro, contra Mireia Pereto, mentres que Naomí Iwasa e Noa Bernárdez superaron os seus enfrontamentos para sumar unha importante vitoria na última xornada da primeira volta e ante un rival directo.