O Toledo prescinde de Onésimo a poucos días de recibir o Pontevedra
Por Redacción
Baixan revoltas as augas no Club Deportivo Toledo, próximo rival do Pontevedra na liga (domingo 17:00 horas no estadio Salto del Caballo).
O club manchego anunciou este martes a saída do seu ata agora adestrador, Onésimo Sánchez, debido aos malos resultados que lles fixeron caer a postos de descenso ao caer derrotados na última xornada de liga en Guijuelo.
O Toledo asegura nun comunicado que chegou a un acordo "de forma amigable" con Onésimo, que ao mando do equipo disputou nas dúas últimas campañas a fase de ascenso a Segunda División.
De feito o obxectivo este curso era repetir entre os catro primeiros e con esa idea confeccionouse o plantel, que do mesmo xeito que a do Pontevedra viuse inmerso nunha dinámica negativa que lle meteu de cheo na pelexa pola permanencia na categoría.
Actualmente o conxunto manchego ocupa a primeira das prazas de descenso con 20 puntos, 3 menos que o Pontevedra, polo que o enfrontamento do próximo domingo adquire gran importancia para ambos os dous.
Relacionadas:
-
Negado en ataque o Pontevedra paga o seu descoido inicial fronte a un discreto Toledo (1-0)
Por Redacción |
-
Pibe asina co Pontevedra ata final de tempada con opción a outra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fai oficial a saída de Bruno Rivada, que marcha ao Mirandés
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Burgos (2-0) para avanzar a cuartos de final da Copa Federación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Copa Federación volve a escena
Por Diego Espiño |
-
A saída de Bruno Rivada cara o Mirandés, pendente só de pequenos detalles
Por Diego Espiño |
-
Algo máis que tres puntos para o Pontevedra que respira gañando o Cerceda (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |