A pontevedresa Marta Domínguez proclámase na casa campioa de España de squash
Por Redacción & Diego Torrado
Gran actuación do Squash Pontevedra no Campionato de España Sub-19 que se disputou nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
O club pontevedrés brillou na casa e pechou o torneo con dúas medallas, un ouro e unha prata.
O título nacional foi para Marta Domínguez ao pechar unha sobresaliente fin de semana de competición superando no último e definitivo encontro á palentina Sofía Mateos por 3 xogos a 0.
Tamén chegou á final o seu compañeiro Gonzalo Romero na categoría masculina, aínda que non puido vencer ao canario Iván Pérez, que se impuxo por 3 a 1 e deixou ao pontevedrés coa medalla de prata.
No Campionato de España Sub-19 participaron ademais, representando ao Squash Pontevedra: Pablo Quintana, Sergio Puga, Miguel Centeno, Fran Bouzas e María Domínguez.
Relacionadas:
-
Marta Domínguez e Xisela Aranda ascenden con España á 1ª División europea de squash
Por Redacción |
-
O squash reclama protagonismo a base de medallas
Por Redacción |
-
Miguel Novegil segue a dar guerra no squash galego
Por Redacción |
-
O Squash Pontevedra, satisfeito polo papel dos seus xogadores no Campionato Galego
Por Redacción |
-
A Copa de España Sub-19 de squash, para a pontevedresa Marta Domínguez
Por Redacción |