Unha xornada especial para o Cisne, que volve ao Municipal
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán trasládase por unha xornada ao Pavillón Municipal dos Deportes para recibir este sábado (19:00 horas) a unha das revelacións da tempada, o Agustinos Alicante, que marcha con só un punto menos que os pontevedreses.
A televisión (TVG2) obriga ao cambio de escenario, o que aproveitará a entidade para vivir unha xornada diferente realizando a presentación oficial das súas categorías inferiores.
Esa presentación terá lugar antes do choque, a partir das 17:15 horas, saltando á pista do Municipal os equipos benxamín, alevín (A e B), de división de honra infantil, división de honra cadete, división de honra xuvenil e o primeiro equipo, de División de Honra Prata.
Tras as fotos oficiais tomará a palabra o adestrador do primeiro plantel, Javier Fernández 'Jabato', o capitán do equipo, Javier Vázquez, e o presidente, Santiago Picallo.
A nivel deportivo o Cisne tentará sumar o seu primeiro triunfo do ano para esquecer a derrota da pasado fin de semana e manterse preto dos postos de honra da categoría. Será o último encontro esta tempada de Álex Chan, que trala cita iniciará un período de Erasmus en París ata final de curso que lle impedirá seguir competindo esta liga.
Relacionadas:
-
Amenabar Zarautz frea a marcha do Cisne nun intenso partido (31-27)
Por Redacción |
-
Vitoria do Cisne sobre Auto Gomas Sinfín noutro final de infarto (25-24)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Remonta o Cisne para impoñerse nun rocambolesco final a Agustinos (30-29)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne sae coas ideas conxeladas en Nava de la Asunción (30-23)
Por Redacción |