Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño
A Liga Asobal non volverá á actividade ata o día 3 de febreiro, debido á celebración do Europeo de seleccións en Croacia, pero o Condes de Albarei Teucro traballa a pleno rendemento para tentar chegar na mellor forma posible ao comezo da segunda volta da liga, ante o Zamora.
O corpo técnico encabezado por Quique Domínguez programou unha mini 'pretempada' invernal desde o pasado luns 8 de xaneiro alternando xornadas dun adestramento con outras de dobre sesión.
Ademais o club azul disputará ata tres encontros amigables, todos eles fóra de Pontevedra, a cada cal máis esixente.
O primeiro deles terá lugar este mesmo mércores 17 de xaneiro ante un dos clubs portugueses cos que garda mellor relación, o Ismai de Maia, ao que renderá visita ás 21:00 horas (hora española).
Tras esta cita o sábado 20 de xaneiro o rival outro equipo luso, en concreto o actual campión de liga e participante por tanto na Champions League, o Sporting de Portugal, no I Trofeo Termas de Cuntis. Este encontro terá lugar en Polideportivo Municipal de Cuntis a partir das 17:30 horas.
Por último, o sábado 27 de xaneiro, os azuis participarán no II Trofeo Cidade de Lugo no que afrontarán un esixente test ante o Ademar de León, cuarto clasificado da Asobal.
Ademais da posta a punto do plnatel, estas citas servirán como rodaxe para Johnny Medina, unha vez recibida a alta médica tras superar unha grave lesión de xeonllo e que estará dispoñible para o técnico teucrista durante a segunda metade da tempada.
Relacionadas:
-
Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Reserva efectivos o Teucro e cae ante Ademar León no amigable de Lugo (23-29)
Por Redacción |
-
Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción |
-
Sete xogadores do Teucro, parte da Selección Galega no seu segundo amigable ante Arxentina
Por Redacción |
-
O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne, protagonistas no empate da Selección Galega de balonmán ante Arxentina
Por Redacción |