O Peixe Galego abre brecha co segundo clasificado
Por Redacción
Paso de xigante o dado polo Peixe Galego para asegurar o primeiro posto do Grupo A-B da Liga EBA a final de tempada tras vencer no 'desterro' ao seu principal perseguidor, o Gijón Basket.
Despois da súa vitoria no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (84-70), os de Marín avantaxan en catro triunfos ao segundo clasificado.
Aínda que só era o primeiro encuetro da segunda volta, este resultado deixa case sentenciado o liderado de grupo pensando en chegar na mellor posición ao play-off de ascenso.
A vitoria fundamentouse nun gran traballo defensivo dos de Javi Llorente desde o primeiro cuarto (22-17) e que mantiveron durante todo o encontro mentres da man de Jorge Romero (22 puntos) e Simmons (19 puntos e 11 rebotes) ían ampliando aos poucos a distancia no electrónico aínda que non conseguiron sentenciar ata o cuarto final.
Consulta aquí as estatísticas do Marín Peixe Galego-Gijón Basket.
Relacionadas:
-
Antonio Pantín, reforzo para o Peixe Galego pensando na fase de ascenso
Por Redacción |
-
O Peixe Galego trasládase unha xornada máis ao CGTD de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Peixe Galego trasládase ao CGTD de Pontevedra polas obras na Raña
Por Redacción |
-
O Peixe Galego completa unha primeira volta de competición inmaculada
Por Redacción |