Terceira vitoria seguida do Arxil ao superar a domicilio ao Segle XXI (65-74)
Por Redacción
Non se quere desenganchar o Club Baloncesto Arxil da pelexa por achegarse ao play-off de ascenso, agora a dous triunfos de distancia.
O equipo pontevedrés sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga Feminina 2 ao superar en Barcelona ao Segle XXI (65-74), polo que ascende á sétima posición da táboa.
Foi un encontro serio do equipo verde, evitando fases de baixada de rendemento ou falta de concentración e dominando desde o primeiro cuarto (20-25).
Pese a ese dominio, o cadro local mantiña a súa resistencia e evitaba que o Arxil se disparase no marcador ao descanso (32-39).
Determinante foi o terceiro parcial, no que as de Mayte Méndez lograron superar a barreira dos 10 puntos de vantaxe, o que unido á súa concentración defensiva fixo imposible a rempontada dun Segle XXI que mellorou no tramo final.
No Arxil ata tres xogadoras resultaron fundamentais superando os 20 puntos de valoración, entre elas a serbia Jelena Budimir que completou o seu primeiro gran partido coas pontevedresas ao sumar 17 puntos e 10 rebotes. Estivo ben secundada por Chantel Charles (17 puntos e 12 rebotes) e Arantxa Mallou (17 puntos e 8 rebotes).
Relacionadas:
-
A superioridade no rebote, clave no triunfo do Arxil sobre o pechacancelas Universidad de Oviedo (76-61)
Por Redacción |
-
Cando o equipo suma máis que as individualidades
Por Redacción |
-
As aspiracións do Arxil pasan por Barcelona
Por Redacción |
-
Claro triunfo do Arxil en Xixón na súa volta á competición (57-71)
Por Redacción |