Irene Trabazo e Zoe del Río, representantes do Club Ciclista Marín no Nacional de Ciclocrós
Por Redacción
O Club Ciclista de Marín estará ben representado no Campionato de España de Ciclocrós que arrinca o venres 12 de xaneiro na localidade vasca de Legazpi.
Dous dos seus deportistas foron convocados para participar coa Selección Galega na competición, como son Irene Trabazo e Zoe del Río.
No caso de Trabazo, debutará o mesmo venres dentro do equipo de Team Relay que defende o título nacional logrado hai un ano. Xunto a ela estarán o cadete Miguel Rodríguez (Ponteareas), o júnior Carlos Canle (Academia Postal), o Sub-23 Samuel González (Salvaterra), o elite Darío Otero (Mobles Compostela) e o máster-30 Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro).
Ademais Irene, que tras esta cita ten previsto participar nas dúas últimas probas da Copa do Mundo, parte como unha das favoritas ao título na categoría sub-23, nunha carreira que se disputará ás 11:45 horas do domingo.
En canto a Zoe del Río, o ciclista do equipo marinense participará na categoría cadete na proba que se disputará a partir das 12:00 horas do sábado. Será o seu debut nun Campionato de España no seu primeiro ano na categoría, despois de destacar a nivel autonómico cun terceiro posto no Campionato Galego.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo colga a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo imponse a Lucía Vázquez e coróase como campioa galega de ciclocrós
Por Redacción |
-
A Illa das Esculturas acollerá en 2019 o Campionato de España de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Recepción municipal a Irene Trabazo tras vencer na Copa de España Sub-23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo cúrtese na Copa do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |