Sete xogadores do Teucro, parte da Selección Galega no seu segundo amigable ante Arxentina
Por Redacción
Por segunda vez en tres días Galicia e Arxentina víronse as caras nun encontro amigable, celebrado esta vez no Porriño e de novo con gran protagonismo para a Sociedad Deportiva Teucro.
O conxunto pontevedrés que milita na máxima categoría do balonmán nacional achegou ata oito xogadores ao encontro, sete deles con Galicia máis a presenza de Andrés Moyano no combinado do país suramericano. Ademais a selección autonómica estaba dirixida de novo polo técnico teucrista Quique Domínguez.
Sen xogadores do Cisne esta vez ante o inminente regreso de competición da División de Honra Prata, a representación pontevedresa correu a cargo de Lloria, Borja Méndez, Dani Hernández, Edu Moledo, Ángel Iglesias, Iván Fernández e Juan Quintas.
En canto ao choque, contou con dous partes ben diferenciadas. Na primeira metade a Irmandiña mantivo o tipo e logrou manter a igualada ata o descanso (14-14). Esa loita prolongouse 10 minutos máis no inicio do segundo acto (17-17), momento no que Galicia atascouse en ataque e Arxentina cun gran Schulz en portería lograba un parcial de 0-7 ao seu favor que resultaría definitivo, ampliando a renda ata o 21-30 final.
GALICIA (21): Lloria, Adrián Boullosa, Iván Fernández (3), Víctor Couceiro (2), David García (2), Manuel Martínez (2), Miguel Trigo, Borja Méndez (2), Román Pedreira, Dani Hernández (1), Alexandre Dacosta (3), Ángel Iglesias, Edu Moledo (1), Juan Quintás (4), Duarte Batán (1), Miguel Porto.
ARXENTINA (30): Matías Schulz, Leonel Maciel, Ignacio Pizarro (3), James Lewis Parker (2), Guillermo Fischer (6), Nicolás Bonanno (2), Julián Souto, Diego Simonet, Pablo Simonet (1), Manuel Crivelli (3), Andrés Moyano (3), Federico Pizarro, Pablo Vainstein, Santiago Baronetto (6), Lucas Moscariello (3), Gonzalo Carró (1).
Árbitros: Sergio Rodríguez e Alberto Rodríguez. Excluíron a Dani Hernández (2) por Galicia e a James Lewis Parker (2) e Guillermo Fischer (2) por Arxentina.
Marcador cada cinco minutos: 2-5, 5-7, 6-9, 9-11, 11-13, 14-14, descanso, 15-14, 17-17, 17-20, 17-24, 19-25, 21-30.
Relacionadas:
-
Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne sae coas ideas conxeladas en Nava de la Asunción (30-23)
Por Redacción |
-
O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne, protagonistas no empate da Selección Galega de balonmán ante Arxentina
Por Redacción |
-
España despídese de Pontevedra gañando a unha notable Arxentina (31-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |