Teucro e Cisne, protagonistas no empate da Selección Galega de balonmán ante Arxentina
Por Redacción
O espectacular mes de xaneiro para o balonmán pontevedrés tivo continuidade este luns no Rosal cun partido amigable da Selección Galega ante Arxentina, un dos equipos participantes no recente Torneo Internacional de España Memorial Domingo Bárcenas.
No choque tiveron gran protagonismo os dous equipos da cidade de Lérez, Sociedad Deportiva Teucro e Club Cisne Balonmán, que aportaron á convocatoria a varios xogadores. Ademais Galicia estaba dirixida polo técnico teucrista Quiquie Domínguez.
Borja Méndez, Lloria e Dani Hernández representaron aos azuis, ademais do arxentino Andrés Moyano que se sumou á convocatoria da súa selección, mentres que Álex Pombo fixo o propio co equipo cineísta.
A Selección Galega mostrou unha gran imaxe ante un combinado arxentino que acusou o esforzo do Memorial Domingo Bárcenas, ao ser o seu cuarto encontro en catro xornadas. Así, os homes dirixidos por Quique Domínguez dominaron a primeira metade e chegaron ao descanso cun claro 12 a 7 no marcador.
Tras o descanso, Manolo Cadenas apostou polo seu teórico sete titular e Arxentina incrementou o ritmo, da man de Pablo Simonet na dirección para poñerse a un tanto (15-14). Reaccionou a Irmandiña escapándose de novo a catro goles, pero a albiceleste mostrábase moito máis seria e cun parcial de 4-0 lograba o empate (19-19, minuto 27).
Faltaban tres minutos e foron de máxima intensidade e igualdade. Puido gañar Galicia grazas a un gol do teucrista Borja Méndez a falta de 10 segundos, pero Arxentina pediu tempo morto morto para prepara a última acción e obtivo resultado, cun gol de Souto a falta de 3 segundos que establecía o empate a 22 final.
O vindeiro mércores 10 de xaneiro Galicia e Arxentina volverán verse as caras nun segundo amigable a celebrar no Porriño.
GALICIA (22): Jorge Lloria, Borja Méndez (5), Dani Hernández (1), Edu Salazar, David Chapela (3), Daniel Cerqueira, Moisés Simes (2), Alejandro Pombo (1), Román Pedreira, Alexandre Dacosta (1), Manu Martínez (3), Paulo Dacosta (1), Miguel Trigo, Miguel Sío (1), Germán Hermida (2), Diego Piñeiro (2).
ARXENTINA (22): Matías Schule, Federico Pizarro (1), Diego Simonet, Ignacio Pizarro (3), Pablo Simonet (4), Santiago Baronetto (1), Lucas Moscariello, Andrés Moyano (1), Guillermo Fischer (3), Gonzalo Carro (1), Julián Souto (6), Manuel Crivelli (1), James Lewis Parker (1), Leonel Maciel, Nicolás Bonanno.
Árbitros: Sergio Rodríguez e Lucas Crespo. Excluíron a Dani Hernández e Miguel Trigo (2) por Galicia e a Nicolás Bonanno por Arxentina.
Marcador cada cinco minutos: 3-1, 4-2, 6-3, 9-4, 12-5, 12-17, descanso, 12-9, 14-12, 15-14, 17-15, 19-17, 22-22.
Relacionadas:
-
Remonta o Cisne para impoñerse nun rocambolesco final a Agustinos (30-29)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne sae coas ideas conxeladas en Nava de la Asunción (30-23)
Por Redacción |
-
O Cisne volve á competición en Nava de la Asunción... ou en Segovia
Por Redacción |
-
Sete xogadores do Teucro, parte da Selección Galega no seu segundo amigable ante Arxentina
Por Redacción |
-
O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción |
-
España despídese de Pontevedra gañando a unha notable Arxentina (31-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
España resolve en dez minutos ante Bielorrusia e logo exhíbese (35-30)
Por Ramiro Espiño & Oskar Viéitez |