A Escola Xadrez Pontevedra, candidata aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Un novo nome, neste caso na categoría de persoas xurídicas, súmase á terna de candidatos aos premios Cidade de Pontevedra, os galardóns institucionais que entrega anualmente a corporación municipal. Trátase da Escola Xadrez Pontevedra.
A súa candidatura foi proposta polo Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, segundo confirmaron fontes municipais.
A Escola Xadrez Pontevedra é un dos clubs máis destacados do xadrez galego. Nacido en 2001, vén desenvolvendo desde o seu inicio unha intensa actividade que abarca todos os niveis e idades, co fin de promocionar esta disciplina.
Ademais, é a organizadora de dous dos principais torneos do calendario xadrecístico galego: o Torneo Internacional Cidade de Pontevedra e o Memorial Ramón Escudeiro Tilve, que reunen anualmente centos de deportistas na Boa Vila.
Por agora, a Escola Xadrez Pontevedra ten como rival polo premio á clínica médica Trini Maquieira, proposta por Amencer- Aspace. Na categoría de persoas físicas os candidatos son o psiquiatra Víctor Pedreira e o triatleta Pablo Dapena.
Relacionadas:
-
Aquí están as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Quedan tres días para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O búlgaro Vladimir Petkov, campión do VI Torneo Internacional de Xadrez
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Víctor Pedreira, primeiros candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Gran Mestre ruso Daniil Yuffa, vencedor do V Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción |