José Miguel Cano, novo presidente do Club Natación Galaico
Por Diego Espiño
O Club Natación Galaico ten novo presidente, José Miguel Cano, en substitución dun Alfonso Gallego que finalmente dimitiu este martes do seu cargo despois de varios meses rodeado de polémica pola súa xestión económica.
Cano é a cabeza visible dun grupo de doce pais que teñen decidio dar un paso á fronte ante a delicada situación do club e a incerteza que se xeraba sobre a súa viabilidade, "principalmente nos decidimos porque queremos que nuestros hijos sigan haciendo deporte. Las noticias no eran buenas, había tensiones entre las secciones y luego estaban los temas económicos".
José Miguel Cano: "Transmitir a los padres y socios tranquilidad, vamos a intentar sacar esto adelante"
A directiva, segundo as explicacións do novo dirixente, dividirá as súas funcións entre os seus doce compoñentes, "cada uno aportará lo que pueda, pero la puerta está abierta a cualquier padre que quiera ayudar o aporte alguna idea".
A composición da nova directiva deberá ser referendada en asemblea polos socios, unha asemblea que se convocará, segundo José Miguel Cano, o antes posible, "queremos hacerlo pronto pero hay que tener las cuentas claras para dar toda la información a los socios".
Cano, que asegura sentir respecto ante o reto que acaba de asumir, quixo ademais mandar unha mensaxe de ánimo ao resto de pais do Galaico, "transmitir a los padres y socios tranquilidad, vamos a intentar sacar esto adelante".