Conceden ao Mercantil a organización do Campionato de España Alevín de tenis
Por Redacción
O Casino Mercantil dará en 2018 un paso máis para converterse nun referente tenístico en Galicia ao acoller un campionato nacional.
En concreto, as súas instalacións serán escenario do Campionato de España Alevín de Tenis, cita que se unirá na súa programación anual ao seu Torneo Internacional Junior do circuíto ITF.
O Parque Polideportivo do Mercantil acollerá esta competición entre os días 2 e 8 de xullo, segundo confirmou a propia entidade.
Nas súas pistas competirán eses días ata 125 xogadores, no que aseguran supoñerá un "gran esforzo organizativo".
Relacionadas:
-
Tenis e multideporte, apostas do Mercantil na súa programación de verán
Por Redacción |
-
O Mercantil empeza a traballar na organización do Campionato de España Alevín de Tenis
Por Redacción |
-
Uxía Martínez e Rodrigo Figueroa, vencedores do Máster Galego de Tenis celebrado no Mercantil
Por Redacción |
-
Pontevedra repite como sede do Máster Galego de Tenis
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |