O Club Natación Galaico imponse no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción
O Campionato Galego de Inverno celebrado en Santiago de Compostela confirmou unha vez máis ao Club Natación Galaico como dominador actual a nivel autonómico.
O equipo pontevedrés pechou o ano impoñéndose na clasificación xeral do campionato de piscina curta, que encabezou con autoridade con 1.103 puntos por diante de CN Liceo (806,5 puntos) e o Club del Mar (642 euros) despois de tres días de competición.
Dominou desde a primeira xornada o Galaico e en cada unha das categorías, xa que foi vencedor na feminina (602 puntos) superando a CN Liceo (472,5) e RCN Vigo (349,5) e na masculina (501 puntos), na que superou a CN Coruña (479) e Club del Mar (401).
Tras esta cita os nadadores do club empezan a pensar na tempada de piscina de 50 metros, na que centrarán xa todos os seus esforzos.
ÁGUEDA CONS, CO EQUIPO NACIONAL EN LANZAROTE
Neste sentido, Águeda Cons afrontará durante os próximos días a primeira concentración do ano dentro da rutina do equipo nacional absoluto.
A nadadora do Galaico estará presente nas xornadas de adestramento que se celebrarán entre o 3 e o 14 de xaneiro en Lanzarote.
Relacionadas:
-
Águeda Cons roza o podio na súa estrea no Campionato de España Open
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico aspira a revalidar o título galego na casa
Por David Arana |
-
Bos resultados do Galaico na Copa Alevín e no Campionato de España de natación
Por Noelia Torres Pintos |
-
Ponte Muíños viviu unha festa da natación co Campionato Galego Máster
Por Redacción |
-
O Galaico mantense na Primeira División Feminina
Por Redacción |
-
Fin á experiencia de Águeda Cons no Europeo de Conpenhague
Por Redacción |