O Torneo de Reis do Leis Pontevedra chega á súa quinta edición
Por Redacción
Cinco anos cumpre o Torneo de Reis de fútbol sala organizado polo Leis Pontevedra, unha cita xa consolidada no calendario deportivo.
Os pavillóns Multiusos, A Xunqueira II e o Municipal serán escenario do torneo de base durante o venres 29 e o sábado 30 de decembro.
Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a práctica do fútbol sala e que contará con partidos en seis categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
A cita, presentada oficialmente este xoves, reunirá durante as súas dúas xornadas preto de 600 deportistas de 52 equipos, estando previsto a celebración de ata 140 partidos.