O Torneo Internacional de Xadrez volve ao Casino Mercantil
Por Redacción
Na súa sexta edición, o Torneo Internacional de Xadrez Memorial Ramón Escudeiro Tilve cambia de formato e de localización.
A cita organizada pola Escola Xadrez Pontevedra regresa ao Casino Mercantil, onde comezou fai seis anos, nunha edición que pasa a contar cun só día de competición e que se disputará na modalidade de partidas rápidas despois de probar diferentes formatos nos últimos anos.
"É o torneo máis especial que organizamos", recoñeceu na súa presentación Pablo García, ao homenaxear a unha persoa moi querida no club.
O Xadrez Pontevedra agarda poder contar con preto dun cento de xogadores entre os que destaca o Gran Mestre David Lariño, vixente campión nacional no formato de partidas rápidas.
A actividade desenvolverase o sábado 30 de decembro desde as 10:00 horas e pecharase ao rededor das 20:00 horas da tarde, cunha dotación de 3.000 euros en premios a repartir entre os primeiros clasificados.