Os equipos de Preferente pactan adiantar os partidos aprazados polo temporal
Por Redacción
Contaban de marxe ata o domingo 31 de decembro, pero os equipos da comarca que militan na categoría de Preferente decidiron adiantar os encontros suspendidos no seu día polo temporal.
O primeiro que recuperará a xornada perdida será o Xuventú Sanxenxo, que este venres 22 de decembro (21:00 horas) visitará o campo da Gándara para enfrontarse ao Valladares, undécimo clasificado.
Pola súa banda Marcón Atlético e Campo Lameiro apostaron, de acordo cos seus respectivos rivais, por xogar o sábado 30 de decembro.
Desta forma o Marcón recibirá no Carrasco (16:30 horas) ao Bande, terceiro da táboa, e o Campo Lameiro fará o propio na Chanciña (tamén ás 16:30 horas) co Ribeiro, penúltimo clasificado.
O temporal non afectou nesa xornada aos outros dous equipos da comarca, xa que o Unión Grove xogou e venceu ao Pontellas (4-2) mentres que o Beluso caeu goleado (1-5) ante o Gondomar.
Relacionadas:
-
Goleada do Campo Lameiro e empate do Marcón na xornada aprazada de Preferente
Por Redacción |
-
O Marcón segue a súa escalada e o Unión Grove dispárase na táboa de Preferente
Por Redacción |
-
Xornada de Nadal no fútbol galego para recuperar os partidos suspendidos polo temporal
Por Redacción |
-
A xornada do fútbol galego, suspendida a partir das 15:00 horas do domingo
Por Redacción |