VÍDEO.- Luisito despídese "cunha mochila cargada de orgullo" por ter adestrado "a un club inmenso"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Con boas palabras e pedindo perdón pola súa actitude na rolda de prensa do pasado domingo. Así se despediu oficialmente José Luis Míguez 'Luisito' este mércores do Pontevedra Club de Fútbol, a que foi a súa casa durante o últimos tres anos.
Tras chegar á primeira hora da tarde ás oficinas do Estadio Municipal de Pasarón acompañado dos seus colaboradores Pepe Rico e Roberto Valdés e reunirse cos conselleiros Enrique Mariño, Manuel Ruibal e Pablo Galván para finiquitar o seu contrato, o técnico compareceu ante os medios de comunicación para despedirse dos afeccionados.
A eles quixo pedirlles desculpas, do mesmo xeito que á xente "que o outro día se sentiu dolida e ferida polas miñas declaracións, que evidentemente nas formas perdín a razón", sinalou en referencia á rolda de prensa ofrecida tras o encontro ante o Atlético de Madrid B, porque "o que teño claro é que nunca, xamais, eu lle quixen facer dano a afección".
Luisito márchase renunciando a cobrar o que lle resta de contrato e "cunha mochila cargada de orgullo" por ter adestrado "a un club inmenso".
O preparador tivo boas palabras cara a presidenta e Consello de Administración, quenes "tiveron un comportamento comigo moi bo" ata que o luns tomaron a decisión de cesalo do seu posto, medida coa que "non estaba de acordo", recoñeceu.
Sen esconder que o seu carácter pasoulle malas xogadas, iso foi sempre para tratar "de defender aos futbolistas todo o que puiden e de defender ao club", no que deixa "moitos amigos".
"A verdade é que non sei que fixen para ser tan querido en Pasarón", explicou un emocionado Luisito, xenio e figura ata os seus últimos minutos como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol.
AGRADECEMENTO DO PONTEVEDRA
Case 24 horas despois de que se consumase a destitución de Luisito, o Pontevedra fixo finalmente oficial a decisión a través dun breve comunicado agradecendo "o seu compromiso e sentimento polos noso, polas nosas cores" e desexándolles moita sorte no futuro.
Relacionadas:
-
Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra ata final de tempada
Por Diego Espiño |
-
Luismi aposta pola posesión e por un Pontevedra que "sexa dominador dos partidos"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aposta por Luismi, que sentará no banco ante o Celta B
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Da ilusión do play-off de ascenso ao fin da era Luisito
Por Diego Espiño |
-
Luismi asume o mando no Pontevedra á espera do novo adestrador
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Á caza do novo adestrador
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Un final gris que embaza tres anos de paixón na banda
Por Diego Espiño |
-
Luisito xa non é adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luisito explota tras a nova derrota granate e carga contra todos en rolda de prensa
Por Ramiro Espiño |
-
Un autogol condena un Pontevedra sen alma fronte o Atlético de Madrid B (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |