Ilusión copeira para o Teucro antes das vacacións de Nadal
Por Diego Espiño
Aparcada a liga ata o próximo mes de febreiro, o Condes de Albarei Teucro afronta esta semana un último e ilusionante reto antes das vacacións de Nadal, a terceira eliminatoria da Copa do Rei.
En xogo ante o Benidorm está un billete para a cuarta rolda da competición, última antes da Final a 8.
Primeiro os azuis deben viaxar ata a localidade alacantina, onde este luns (20:45 horas) disputarase o encontro de ida, nunha cita á que acudirán cun equipo mermado polos problemas físicos, como a do capitán Carlos García que xa perdeu o choque de liga ante o Barcelona.
"Chegamos xustos fisicamente a este final de ano, necesitamos o parón para ir recuperando xogadores e prepararnos para afrontar unha dura segunda volta", recoñece Quique Domínguez, que a pesar diso non renuncia a dar a batalla en Copa.
"Temos relativamente próximo o partido de liga, que foi moi igualado e tremendamente disputado pero respecto daquel partido cambiaron moito as cousas. Benidorm mellorou moito e recuperou a xogadores importantes", asegura o técnico pontevedrés.
Tras este partido, a volta terá lugar o vindeiro xoves 21 de decembro (20:45 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Condes de Albarei Teucro desfalece tras o descanso en Benidorm (31-27)
Por Redacción |
-
José Manuel Rial, K.O. para toda a tempada
Por Redacción |
-
Honrosa derrota dun valente Teucro ante o todopoderoso Barcelona (28-38)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Non pode Condes de Albarei Teucro cun Bidasoa en alza (32-26)
Por Redacción |
-
Teucro e Benidorm adiantan os seus partidos de Copa do Rei
Por Redacción |