Último partido na casa do ano para o Poio Pescamar cun duelo directo ante o Alcorcón
Por Redacción
Despois de dúas semanas sen competir polo parón de seleccións, ante a disputa do Torneo IV Nacións no que tivo un importante papel Silvia Aguete, volve a competición para o Poio Pescamar na Primeira División.
Faio ademais cun importante choque para as vermellas, que reciben este sábado na Seca (18:30 horas) a un rival directo, o AD Alcorcón, cuarto clasificado co que están empatados a 23 puntos.
Será o último encontro do ano na casa do Poio, que se puxo o obxectivo de lograr os seis últimos puntos en xogo ata final de ano para despedir 2017 entre os catro primeiros da liga.
Tras esta cita e para pechar o ano deportivo cadro vermello visitará ao Majadahonda madrileño o día 23 de decembro, un equipo que pelexa pola permanencia na máxima categoría.
Relacionadas:
-
Ao Poio Pescamar escápaselle o tren de cabeza ao empatar en Majadahonda (2-2)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar deixa escapar o tren de cabeza ao caer ante Alcorcón (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Actuación destacada de Silvia Aguete con España no Torneo IV Nacións
Por Redacción |
-
Guadalcacín fai saltar a sorpresa freando ao Poio Pescamar (4-1)
Por Redacción |