Xornada de Nadal no fútbol galego para recuperar os partidos suspendidos polo temporal
Por Redacción
Xa hai data no fútbol galego para recuperar a xornada aprazada pola borrasca Ana, e que afectou os encontros programados para a tarde do domingo 10 de decembro.
O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol fixou os días nos que deben xogarse devanditos encontros, salvo acordo previo entre os equipos implicados para enfrontarse con anterioridade.
No que afecta á categoría de Preferente, a xornada quedou fixada para o domingo 31 de decembro (12:00 horas), sendo a data límite para que se celebren os partidos. O acordo para adelantalos debe quedar pechado antes do próximo día 19.
Para a categoría de Primeira Rexional o día escollido para recuperar a xornada é o 11 de febreiro (16:15 horas), co mesmo prazo para pechar un acordo entre os implicados.
Por último os encontros da base que se viron afectados (desde a categoría biberón ata a xuvenil) xogaranse o día 23 de decembro (16:00 horas).