Fútbol base de quilates no III Torneo Internacional Tucho de la Torre
Por Diego Torrado
O mércores foi quenda da fase previa e este venres o protagonismo foi para unha espectacular fase final.
A terceira edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre rendeu unha sentida homenaxe ao popular ex-futbolista marinense, recentemente falecido, cunha xornada de fútbol base de moitos quilates.
Sobre o Estadio Municipal de San Pedro déronse cita algunhas das grandes canteiras galegas, nacionais e tamén de Portugal.
Sobre o tapete, en categoría benxamín e alevín, competiron ademais da anfitrión Vila de Marín: Celta de Vigo, F.C. Porto, Deportivo da Coruña, Lugo, Real Valladolid, Pabellón de Ourense e Real Zaragoza, ao que se sumaron Portero 2.000 e Santa Mariña como vencedores da fase previa.