O Concello de Marín, premiado pola Federación Galega de Boxeo
Por Redacción
A Coruña acolleu a pasada fin de semana a gala anual dos Premios Rubén Martínez que outorga a Federación Galega de Boxeo ás persoas, clubs, institucións ou deportistas máis destacados de Galicia ou que máis colaboran no desenvolvemento do puxilismo.
Na gala tivo protagonismo Marín non só a través do Team Thunder, presente na velada que redondeaba a noite, senón co Concello que recibiu un premio polo seu apoio ao boxeo durante o ano 2016.
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, desprazouse ata A Coruña para recibir este recoñecemento acompañado do máximo responsable do Team Thunder, Aarón González.
A xornada completouse co gran resultado de Zaira Corchero, desportista do club marinense, na velada amateur na que se proclamou campioa galega promesas ao derrotar á herculina Bea Ucha por decisión unánime.
TORNEO INTERNACIONAL EN PORTUGAL
A actividade non cesa para o Team Thunder, que do 7 ao 10 de decembro estará presente no Torneo Internacional Odivelas Box Cup que se celebra en Lisboa e no que participarán 300 púxiles de diferentes países.
En Portugal representarán ao equipo marinense: Amancio Martínez, Aliston Cordeiro, Zaira Corchero, Lorea Murgoitio, Mario Peteiro e Aarón González.
Relacionadas:
-
Aarón González, recoñecido como mellor boxeador amateur español de 2017
Por Redacción |
-
Aarón González arranca o ano de boxeo con boas sensacións
Por Redacción |
-
A afección asturiana premia a Aarón González como mellor boxeador amateur do ano
Por Redacción |
-
O Team Thunder presume de campión de España de formas de boxeo
Por Redacción |
-
Noite máxica de boxeo na Cañota
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Team Thunder, unha canteira inesgotable
Por Redacción |