A Copa Sipre de piragüismo decídese na IV Lanzada Ocean Race
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo foi escenario este luns da presentación oficial da IV edición da Lanzada Ocean Race.
A cita internacional, na que particoparán grandes especialistas de surfski e pádel surf de España e Portugal, terá lugar os días 9 e 10 de decembro.
Con esta competición decidiranse os vencedores da Copa Sipre 2017 organizada pola Federación Galega de Piragüismo, ao ser a última cita puntuable da tempada.
A proba esá organizada polo Base Kaiak de Mar - Surfski Center do Náutico Portonovo e contará con dúas saídas, a primeira desde a praia da Lanzada cun percorrido aproximado de 15 quilómetros para as categorias SS1, SS2 e OC1 e a segunda saída desde a praia de Major duns 7 quilómetros para as categorías de padel Surf. A meta para ambas as dúas modalidades estará instalada en Portonovo.
Trátase, asegurou na presentación Suso Sueiro, concelleira de Deportes, dunha competición importante para Sanxenxo xa que "colabora na promoción do municipio como destino de eventos deportivos e atrae a visitantes e afeccionados fóra da tempada estival".
No palmarés da Lanzada Ocean Race figuran grandes campións do piragüismo mundial como o ouro olímpico Carlos Pérez 'Perucho' ou o tudense Iván Alonso, campión mundial de maratón, entre outros.