Que lle pasa ao Pontevedra?
Por Diego Espiño
Sete xornadas acumula o Pontevedra sen conseguir gañar na liga, pero o peor son as sensacións transmitidas nas dúas últimas semanas e que terminaron coa paciencia da bancada do Estadio Municipal de Pasarón.
Así o demostraron os afeccionados ao termo do encontro ante a Gimnástica Segoviana, preocupados pola deriva dun equipo que perdeu os seus sinais de identidade e ao que se lle nota atenazado por atoparse tan preto do descenso (a dous puntos).
Pero, que lle pasa ao Pontevedra?. Nervios, presión excesiva, falta de concentración e incluso algo impensable hai uns meses e que chama poderosamente a atención, aparente falta de intensidade e de actitude nalgúns momentos, aparecen como algunhas das explicacións ao mal momento.
En todo caso resulta difícil sinalar unha única causa. A falta de concentración e intensidade fixo voar demasiados puntos no desconto minando aos poucos a confianza dos futbolistas, aos que en moitos casos véselles render por baixo do nivel que se lles presupón.
Tampouco Luisito conseguiu reverter a tendencia tras a súa dimisión en Talavera. O equipo fixo ademán de reaccionar cun bo partido ante o Navalcarnero e tamén en Guijuelo, antes de que voasen novamente puntos no tempo de desconto.
Ese resultado parece ter feito moito dano ao plantel e ao propio Luisito, quen vendo que o equipo se convertera nun dos máis goleados do grupo apostou nas últimas xornadas por xogar con tres centrais. O experimento resultou positivo en primeira instancia pero terminou por descentrar a uns futbolistas, perdidos neste esquema, que xeran cada vez menos xogo en ataque.
Non axuda tampouco a recolocación de homes como Kevin Presa, Adrián León ou Álex Fernández, quenes nalgún momento atrasaron a súa posición natural para reforzar a defensa deixando tocada a liña medular
Nestas circunstancias a posibilidade dunha revolución no mercado invernal gaña enteiros para compensar un plantel que quedou polo momento, sen demasiada explicación, sen o seu único lateral destro específico coa baixa de Miguel Ángel e que parece coxo na liña defensiva, ante a falta de confianza do Luisito en futbolistas como Mongil.
Mentres iso non sucede necesita mellorar o Pontevedra porque o descenso aparece como unha seria ameaza facendo lembrar a máis dun o sucedido na tempada 2010/2011 cando se terminou perdendo a categoría. Polo menos no deportivo, xa que nos económico nada ten que ver a actual situación coa de entón, cun persoal que arrastrou falta de pagamentos durante a primeira parte do curso chegando mesmo a convocar unha folga que coincidiu co cambio de presidencia no final da etapa de Nino Mirón á fronte da entidade.
DAVID AÑÓN, SANCIONADO
No estritamente deportivo, o Pontevedra pensa xa no choque do próximo domingo (12:00 horas) no campo da modesto Unión Adarve madrileño, nun encontro que perderá o máximo goleador granate, David Añón, por sanción ao ter visto ante a Segoviana o seu quinto cartón amarelo da liga.
Relacionadas:
-
O Pontevedra "dá o tipo" sumándose a unha campaña para fomentar a doazón de sangue
Por Diego Espiño |
-
O partido de Copa Federación ante o Rápido de Bouzas, en Mosteiro
Por Redacción |
-
Edu Sousa sostén o Pontevedra na súa visita ao Unión Adarve (0-0)
Por Redacción |
-
A ilusión do fútbol de barrio contra as urxencias do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A Segoviana manda á UVI a un mal Pontevedra (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A Copa Federación dá un respiro ao Pontevedra que toma vantaxe en Bouzas (0-1)
Por Redacción |
-
Miguel Ángel, sen data prevista de regreso
Por Diego Espiño |
-
Un horroroso Pontevedra non pasa do empate ante o pechacancelas Valladolid B (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |