Cisne e Arxil, obrigados a cambiar de pavillón
Por Diego Espiño
Os equipos que habitualmente xogan as súas competicións no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva non poderán ultilizar estas instalacións ata despois da ponte da Constitución.
Tras un lixado da superficie para mellorar as súas condicións, o que parecía un pequeno contratempo no pintado das liñas de xogo ao non cumprir as esixencias para as competicións de balonmán converteuse nun problema máis serio, sobre todo para o Club Baloncesto Arxil.
A empresa encargada das obras traballa de novo na mellora e repintado da instalación, pero esas tarefas imposibilitan o seu uso nos próximos días.
Desta forma o Club Cisne Balonmán verase obrigado por exemplo a trasladarse por segunda xornada consecutiva ao Pavillón Municipal dos Deportes, para enfrontarse este sábado (20:00 horas) ao Villa de Aranda en xornada da División de Honra Prata.
Máis complexa é a situación do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, xa que a Federación Española debe aprobar o cambio de escenario e a primeira opción proposta non foi válida, xogar no Universitario, mentres que a pista instalada na actualidade no Muncipal non conta con liñas de baloncesto.
A intención pasa agora por enfrontarse ao ADBA Avilés o sábado ás 20:00 horas no pavillón de Príncipe Felipe, pero necesita o visto e prace federativo. Se este non se producise, como última alternativa os equipos exporían un cambio na orde de xogo para que o choque se disputase en Asturias xogando na segunda volta da competición en Pontevedra.
O Club Voleibol Pontevedra é outro dos clubs que usa habitualmente o CGTD, pero no seu caso o equipo senior descansa esta próxima fin de semana.
Relacionadas:
-
Barça CBS imponse con comodidade ao Arxil (78-58)
Por Redacción |
-
A defensa, clave dun Cisne serio que gaña a domicilio o BM Madrid (21-25)
Por Redacción |
-
Arxil cura feridas á conta de Avilés (64-53)
Por Redacción |
-
Confirma o seu bo momento o Cisne cunha traballada vitoria ante o Villa de Aranda (28-26)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Partidazo do Cisne e punto de mérito na pista do líder Alcobendas (23-23)
Por Redacción |
-
Derrota dun mermado Arxil na pista do Ibaizábal (71-64)
Por Redacción |
-
Acordo coa Secretaría Xeral para que Cisne, Arxil e Voleibol Pontevedra poidan usar o CGTD
Por Diego Espiño |