O Xadrez Marín, un club con boa saúde
Por Redacción
Ata con sete equipos contará o Club Xadrez Marín esta tempada nas diferentes ligas galegas, demostrando o seu bo momento.
Un total de 73 xogadores e xogadoras federados defenderán ao club nas diferentes competicións dunha tempada que acaba de arrincar e que presentou cun sinxelo acto a pasada fin de semana.
O Xadrez Marín contará con representación en Primeira División, en Segunda, en Terceira e na Cuarta categoría autonómica.
TROFEO AOS MÁIS DESTACADOS DE 2016
O club aproveitou tamén a ocasión para entregar os trofeos aos xadrecistas máis destacados do pasado ano. Desta forma na gala, na que estiveron acompañados polo concelleiro Antonio Traba, foi recoñecido o esforzo de Paula Álvarez, Ángel Ferreño, Manuel Carballo, Héctor Entenza, José Luis Louzao, Miguel Santiago e Víctor Santiago.