Posto de finalista para Bea Gómez na segunda xornada do Nacional de Piscina Curta
Por Redacción
Se na primeira xornada do Campionato de España Absoluto de Inverno de Natación non se produciron grandes marcas para as deportistas pontevedresas en competición, o segundo día en Barcelona resultou máis produtivo.
Bea Gómez Cortés, agora nas filas do Sabadell, meteuse na final dos 400 estilos despois de fixar unha marca de 4:46.00 en horario matinal. Xa pola tarde mellorou o seu rexistro e cun tempo de 4:43.63 asinou un quinto posto na loita polas medallas.
A vencedora nesta proba foi África Zamorano (4:35.29), con Catalina Corró en segundo lugar (4:38.85) e Jimena Pérez no terceiro (4:40.31).
Tamén competiu na segunda xornada do Nacional de Piscina Curta a pontevedresa Clara Otero, do Galaico, sendo sexta na súa serie dos 100 libre (58.42) e oitava na súa serie das 50 costas (30.35), en ambos os dous casos sen conseguir avanzar á final.
O campionato empezara o xoves con Bea Gómez participando nos 400 libre, Clara Otero nos 100 estilos e Carla Goyanes na 100 bolboreta, sendo quinta na súa serie (1:04.61).
A competición na Piscina Nova de l'Escullera de Barcelona prolongarase ata o vindeiro domingo 26 de novembro.
Relacionadas:
-
O Galaico fai balance positivo da súa participación no Nacional de Piscina Curta
Por Redacción |
-
Primeira gran cita para Bea Gómez co seu novo club, o Natación Sabadell
Por Redacción |
-
O Galaico agárrase desde o inicio ao liderado da Liga Galega de División de Honra
Por Redacción |
-
Bea Gómez Cortés abandona o Galaico e inicia unha nova etapa no Club Natació Sabadell
Por Diego Espiño |