Sen noticias de Narlyn Mosquera a un día de enfrontarse ao Ibaizábal
Por Redacción
Un ano máis o Club Baloncesto Arxil vive un culebrón cun das súas fichaxes, a colombiana Narlyn Tatiana Mosquera.
A pívot xa mantivo en albas ao club no verán, ao presentarse en Pontevedra a poucos días do comezo da competición por problemas burocráticos, e agora a entidade verde asegura non ter noticias súas a 24 horas dunha nova xornada de liga, a que deben afrontar este sábado (18:20 horas) na cancha do Ibaizábal guipuscoano.
Narlyn foi convocada a pasada semana pola selección do seu país, causando baixa na última xornada, e aínda non regresou a Pontevedra. É máis, no club sospeitan dun plantón e de que a súa intención sexa non volver a España, un asunto que empeza a ser un clásico nas tempadas do Arxil coas súas xogadoras estranxeiras.
Polémica á marxe o equipo pontevedrés viaxa ao País Vasco afectada polos problemas físicos de varias xogadoras, con Ana Román entre algodóns e Carla afectada por un proceso febril.
Uns contratempos que tentará superar para igualar na clasificación a un Ibaizábal que conta cun triunfo máis que o Arxil na táboa, situado na quinta posición do grupo.
Relacionadas:
-
Jelena Budimir, unha trotamundos do baloncesto para reforzar o xogo interior do Arxil
Por Redacción |
-
Arxil cura feridas á conta de Avilés (64-53)
Por Redacción |
-
Derrota dun mermado Arxil na pista do Ibaizábal (71-64)
Por Redacción |
-
A sorprendente baixa de Narlyn Mosquera e un desastroso último cuarto condenan o Arxil (60-69)
Por Ramiro Espiño |
-
Un Arxil de menos a máis trae a vitoria da pista do Añares Rioja (72-79)
Por Redacción |