Lydia Pérez, apeada do Mundial Sub-23 de loita na fase de clasificación
Por Diego Espiño
A participación de Lydia Pérez Touriño no Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas, que se está celebrando na localidade polaca de Bydgoszcz, terminouse ao primeiro de vez.
A fortuna foi esquiva á deportista pontevedresa, aínda no seu primeiro ano na categoría e que protagonizou un apertado combate ante a turca Mehlika Ozturk na categoría de 58 quilos.
O resultado final foi de empate (2-2), pero o enfrontamento decantouse en favor da representante turca.
Desta forma Lydia non puido avanzar no cadro final da competición, para a que se preparou a conciencia sendo o seu gran obxectivo na parte final de ano.
INVITACIÓN PARA PARTICIPAR NA COPA DO MUNDO EN RUSIA
Sen tempo para lamentarse do resultado no Mundial Sub-23, Lydia Pérez ten xa un novo obxectivo ante ela, a Copa do Mundo que se celebrará o 1 ao 3 de decembro en Chebuskary (Rusia).
A deportista do Club de Loita Pontevedra é unha das catro loitadoras galegas convidadas pola federación rusa a participar na competición e a tomar parte nunha concentración de adestramento coa selección deste país entre o 25 de novembro e o 6 de decembro.
Esta invitación é froito das boas relacións entre a federación de Rusia e a española, especialmente nos que se refire aos deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva que dirixe o ex-seleccionador soviético Alexander Kachelaev.
As outras tres loitadoras invitadas son Nerea Pampín, Judit Varela e Noelia Lalín, do Club Keltoi Vila de Cruces, aínda que a última delas non poderá acudir á cita por un problema de saúde.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez e Pablo García, medallas pontevedresas no Nacional de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Bo resultado de Pablo García no Torneo Internacional de Niza de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez e Pablo García preparan en Sierra Nevada os seus próximos retos internacionais
Por Redacción |
-
Sanxenxo, lugar de 'descanso activo' para o equipo ruso junior de loita olímpica
Por Redacción |
-
Conceden a Pontevedra a organización do Europeo Junior de Loitas Olímpicas de 2019
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Redacción |