Primeira gran cita para Bea Gómez co seu novo club, o Natación Sabadell
Por Redacción
O camiño de Bea Gómez Cortés para regresar á elite da natación nacional ten esta semana unha parada importante, a súa primeira gran competición defendendo as cores do CN Sabadell, o Campionato de España Absoluto de Inverno que se celebra en Barcelona.
O Nacional de Piscina Curta arrinca este xoves 23 de novembro e prolongarase ata o domingo 26 nunha cita que servirá aos nadadores para buscar as marcas mínimas para o próximo Europeo de Copenhague, do 13 ao 17 de decembro.
Máis de 500 deportistas dun cento de clubs estarán presentes na competición organizada polo Natación Barcelona na Piscina Nova de l'Escullera.
Bea Gómez, adaptada xa á súa nova rutina de adestramento na localidade catalá, quere ir mellorando as súas marcas e está inscrita en catro probas, os 200 e 400 estilos e os 50 e 400 libre.
Tamén estará representado no Campionato de España en piscina de 25 metros o Club Natación Galaico, aínda que cun equipo formado nesta ocasión por só dúas nadadoras, Carla Goyanes e Clara Otero.
Goyanes nadará as probas de 100 e 200 bolboreta, mentres que Clara Otero contará cun calendario máis esixente ao tomar parte nos 50 e 100 costas, os 50 e 100 libre e os 100 estilos.
Relacionadas:
-
O Galaico fai balance positivo da súa participación no Nacional de Piscina Curta
Por Redacción |
-
Posto de finalista para Bea Gómez na segunda xornada do Nacional de Piscina Curta
Por Redacción |
-
Águeda Cons, incluída no programa nacional de bolsas Podium
Por Diego Espiño |
-
O Galaico agárrase desde o inicio ao liderado da Liga Galega de División de Honra
Por Redacción |
-
Bea Gómez Cortés abandona o Galaico e inicia unha nova etapa no Club Natació Sabadell
Por Diego Espiño |