A ausencia de vento marca o inicio da Regata de Nadal en Aguete
Por Redacción
A primeira proba puntuable da Regata de Nadal organizada polo Real Club de Mar de Aguete estivo marcada pola falta de vento.
Ningún dos cruceiros e barcos clásicos inscritos nesta tradicional competición na ría de Pontevedra conseguiu completar en tempo o percorrido deseñado pola organización.
A pesar desta circunstancia a regata foi un éxito pola súa alta participación, con 34 cruceiros inscritos que supoñen un récord.
A competición arrincou con ventos de 5-6 nós que se consideraban suficientes para poder afrontala, pero a metade de xornada diminuíu esa intensidade.
Combate nulo por tanto na clasificación xeral da Regata de Nadal, que se retomará o próximo sábado 25 de novembro coa segunda das catro xornadas previstas.