O Arxil busca continuidade na visita do perigoso Lima Horta
Por Redacción
Despois de saír vitorioso o pasado fin de semana do seu encontro na pista do Añares Rioja, o Club Baloncesto Arxil busca continuidade nos seus resultados.
A intención do club pontevedrés, sétimo con catro vitorias e tres derrotas, é dar o salto de calidade para meterse de cheo na pelexa polas primeiras posicións, xa que sen contar o invicto Celta (7-0) o segundo posto está a só un triunfo de distancia.
Un dos equipos que precisamente marcha con balance de 5-2, na cuarta prata, é o próximo rival das verdes, o Lima Horta Barcelona.
O Arxil varía o seu horario habitual de xogo para recibir ao cadro catalán, ao que se enfrontará este domingo (12:30 horas) no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O perigoso Lima Horta, que só cedeu esta tempada en canchas da provincia ante Celta e Cortegada, será unha boa proba de nivel para as de Mayte Méndez, que queren deixar atrás de maneira definitiva os problemas físicos que lles limitaron no tramo inicial da liga.
Relacionadas:
-
A sorprendente baixa de Narlyn Mosquera e un desastroso último cuarto condenan o Arxil (60-69)
Por Ramiro Espiño |
-
Un Arxil de menos a máis trae a vitoria da pista do Añares Rioja (72-79)
Por Redacción |
-
Arxil paga coa derrota fronte a Aros León (60-71) non saber pechar o rebote defensivo
Por Ramiro Espiño |