O Supermercados Froiz, o mellor equipo na historia do ciclismo galego
Por Redacción
Poucos equipos poden presumir dunha traxectoria tan longa e exitosa no pelotón ciclista nacional. De feito só o Café Baqué vasco supéralle cunha historia que se remonta ao ano 1978.
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz camiña cara ao seu 30 aniversario convertido nun referente na categoría elite e sub-23, e é por iso que será recoñecido no Encontro de Xeracións Ciclismo Galicia 1887, ideado para repasar os 130 anos de historia do ciclismo autonómico.
No evento organizado por Social Ciclismo Fan Manager, o equipo de Lourido recibirá a distinción de mellor equipo na historia deste deporte en Galicia.
Ademais o director do Froiz, Evaristo Portela, atópase entre os nomeados ao premio 'ciclista de ouro'.
A gala se celebraró no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo o vindeiro sábado 18 de novembro.
Relacionadas:
-
A fidelidade de Froiz ao ciclismo, premiada na gala da Federación Galega
Por Redacción |
-
Primeiros pasos do Froiz na súa trixésima tempada no pelotón nacional
Por Redacción |
-
O Froiz é "unha bandeira para a nosa provincia", asegura Carmela Silva
Por Diego Espiño |
-
Obxectivo cumprido para o Froiz, vencedor da Volta a Galicia con Martín Lestido
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist de Evaristo Portela "te va a gustar ...¡y lo sabes!"
Por Marisa Ciordia |