O Tenis de Mesa Monte Porreiro apunta alto
Por Redacción & Diego Torrado
O equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro apunta alto esta tempada, tal e como demostrou no primeiro tramo de competición na División de Honra.
O equipo pontevedrés, despois de seis enfrentameintos, segue imbatido e é líder da categoría con 12 puntos, consolidado nos postos que darían dereito a pelexar polo ascenso á máxima categoría, a Superliga.
Falta moito para iso pero o Monte Porreiro gañou o dereito a soñar, tal e como demostrou na súa última xornada de liga en Príncipe Felipe derrotando ao San Sebastián de los Reyes por 4 puntos a 2.
Os puntos dos locais conseguíronos Nicolás Galvano ao vencer a Carlos Caballero e Rafael Casares e Horacio Cifuentes ao superar a Gustaf Ericson e Carlos Caballero. Por contra Nacho Fernández non tivo o seu mellor día e cedeu nos seus encontros.
Peor lle están indo as cousas ao equipo feminino, tamén na División de Honra, aínda que xa chove menos para elas tras sumar o seu primeiro triunfo da tempada ante o Gasteiz (4-2).
Noelia Santiago sumou dous puntos, mentres Elísabet Cadilla e Noa Bernárdez sumaron outro cada unha para pechar o triunfo e sacar ao equipo da zona de descenso, sendo agora oitavas con 2 puntos.