O foco de atención no Pontevedra volve ao plano deportivo
Por Diego Espiño
Superada a tormenta que desencadeou a inesperada dimisión de Luisito o pasado domingo en Talavera, o Pontevedra Club de Fútbol trata de recuperar a normalidade para centrarse exclusivamente no plano deportivo.
Nunha situación complicada na liga, décimo cuartos a só un punto da promoción pola permanencia e a dous do descenso, os futbolistas reclaman o seu protagonismo para deixar definitivamente atrás a súa semana negra e sumar un triunfo que eleve a moral da tropa.
Os granates adestraron o primeiro día da semana aínda baixo os efectos da bomba informativa e coñecendo xa a negativa do Consello de Administración a aceptar a renuncia de Luisito, mentres o martes gozaron de xornada de descanso. Agora a golpe de mércores volveron ao traballo pensando no único importante, o que pase sobre o terreo de xogo.
Esa é a única maneira, gañando o domingo ao Navalcarnero, de esquecer a inestabilidade e afastar as pantasmas dun cambio de adestrador ou dunha renovación no plantel cando abra o mercado invernal, posibilidade que apuntou a presidenta na súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Non será en todo caso tarefa sinxela, xa que o conxunto madrileño chegará ao Estadio Municipal de Pasarón nun bo momento, quintos na táboa e a un só punto do play-off de ascenso.
A principal dúbida para Luisito, nunha campaña na que os problemas físicos de parte do equipo foi unha constante, será saber se consegue recuperar aos futbolistas que comezaron a semana entre algodóns, como Prosi e sobre todo Carlos Ramos.
O que seguro non estará ante o Navalcarnero será David Goldar, ao ter que cumprir un encontro de sanción por acumulación de amoestacións. A súa ausencia obrigará unha vez máis a retocar a liña defensiva, tendo en conta que o de Portas converteuse nun fixo na aliñacións.
Relacionadas:
-
Superar a súa debilidade nos partidos a domicilio, unha necesidade para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Fútbol sen premio dun bo Pontevedra coa pólvora mollada ante o Navalcarnero (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Vencer o Navalcarnero en Pasarón, única medicina posible para superar a inestabilidade
Por Diego Espiño |
-
Luisito promete traballo na volta aos adestramentos: "O que non quería era ser un estorbo"
Por Diego Espiño |
-
Confianza en Luisito e revolución no plantel: "En diciembre tomaremos decisiones"
Por Diego Espiño |
-
O Consello de Administración do Pontevedra non acepta a dimisión de Luisito
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luisito presenta a súa dimisión tras a derrota en Talavera
Por Diego Espiño |
-
Trinta minutos e apagamento dun Pontevedra que se afunde repetindo erros en Talavera (2-1)
Por Redacción |