Rodrigo Figueroa, campión do Open Cidade de Pontevedra de tenis
Por Redacción
O XXIII Open de Tenis Cidade de Pontevedra, organizado polo Club de Tenis Pontevedra, chegou o pasado domningo ao seu final con idéntico resultado ao do pasado ano.
Rodrigo Figueroa revalidou título nas pistas do club pontevedrés ao superar na gran final a Simón Arca.
Foi unha final de algo máis dunha hora de xogo na que Figueroa mostrouse máis consistente para pechar o partido en dous sets, por un claro 6-1 e 6-4.
O vencedor do torneo levou unha recompensa económica de 300 euros, mentres que Arca como finalista recibiu 170 euros de premio.