Aprazada ata o día 25 a Copa Ibérica de remo olímpico que se ía a celebrar o sábado na ría
Por Redacción
A Copa Ibérica de remo olímpico que ía ter lugar este sábado 4 de novembro na ría de Pontevedra aprázase ata o día 25 de novembro.
"Problemas de loxística insalvables" obrigaron a tomar esta decisión, apunta a organización da Semana Abanca na que se inclúe a competición.
A nova data foi consensuada coa federación portuguesa de remo dada a importante cantidade de clubs lusos que estaban inscritos.
O que si puido ter lugar este venres é o Trofeo Ence de Remo Ergómetro para as categorías de base, no que participaron deportistas en idade escolar.
Preto de 200 mozos e mozas participaron no evento organizado no pavillón marinense do Sequelo durante case dúas horas.
O centro escolar que levou o triunfo final foi o colexio Inmaculada, sendo a medalla de prata para o San Narciso e a de bronce para Seixo. Pola súa banda a nivel individual Nicolás Parada o remeiro máis destacado entre os mozos con 196 metros percorridos, mentres que Pilar García conseguiu completar 189 metros sendo a mellor na categoría feminina.
Relacionadas:
-
O forte vento obriga a suspender por segunda vez a Copa Ibérica de Remo Olímpico
Por Redacción |
-
O Club de Remo Rianxo, triunfador da Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción |
-
Máis dun milleiro de deportistas converterán a Marín no centro de atención do remo nacional
Por Redacción |
-
Marín mantense como sede da Semana Abanca coa vista posta nunha "regata de remo olímpico internacional"
Por Redacción |