Goleada do Beluso a un Marcón que cae á última posición en Preferente
Por Redacción
Non consegue deixar atrás o seu mal momento o Marcón Atlético, que cae á última posición de Preferente tras encaixar a súa segunda derrota consecutiva.
O Beluso levou os tres puntos do Carrasco (0-3) despois de golear nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador final.
Un penalti aos 15 minutos de xogo, trasnformado por Adrián, desfixo o empate inicial. O choque continuou disputado, con opcións para que o marcador se movese, pero así se chegaría ao descanso.
Non se decidiría o encontro ata o tramo final, con ambos os equipos xogando con 10 futbolistas, cos tantos de Julio Lorenzo e Reiriz que supuxeron a sentenza.
A vitoria coloca ao Beluso na décima praza con 14 puntos, mentres o Marcón é último con 5.
Consulta a acta do Marcón Atlético-Beluso.
Mantén velocidade de cruceiro o Xuventú Sanxenxo, que mostrou a súa versión máis sólida para impoñerse a domicilio ao Nogueira de Ramuín (1-2).
Os amarelos saíron enchufados ao encontro e nos primeiros 10 minutos atoparon premio cos goles de Álex Currás e Aitor Gómez.
Os locais recortaron distancias antes do descanso, pero no segundo acto xogando en inferioridade non foron capaces de polo menos rescatar un punto.
Con este resultado é Sanxenxo segue segundo con 23 puntos, a só un do liderado.
Consulta a acta do Nogueira de Ramuín-Xuventú Sanxenxo.
Importante triunfo do Unión Grove no Monte da Vila ante o Caselas (1-0).
Un solitario gol de Diego á media hora de xogo premiou o esforzo dos locais, que defenderon a súa renda con acerto.
Os tres puntos impulsan ao cadro meco ata a oitava praza con 16 puntos.
Consulta a acta do Unión Grove-Caselas.
Segunda derrota consecutiva do Campo Lameiro, que se viu superado con claridade na Chanciña ante un rival da zona nobre, o Porriño Industrial (0-3).
O equipo visitante adiantouse ao cuarto de hora de xogo. Tentaron reaccionar sen acerto os verdes, pero non atoparon premio e os minutos foron transcurrindo ata o descanso.
Á volta de vestiarios, no primeiro minuto de xogo, o Porriño volveu golpear encarrilando un partido que sentenciou pouco despois co tanto definitivo.
O Campo Lameiro cae agora ao posto 12 da clasificación de Preferente con 14 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón cae ante o líder, o Sanxenxo tamén cede e o Unión Grove dispárase
Por Redacción |
-
O Marcón toma aire á conta do Alertanavia, o Beluso golea ao Campo Lameiro e o Sanxenxo tropeza
Por Redacción |
-
Xornada aciaga en Preferente con derrotas de Marcón, Campo Lameiro, Beluso e Grove
Por Redacción |