A Lanzada Ocean Race terá cuarta edición en decembro
Por Redacción
O Base Kaiak de Mar - Surfski Center do Náutico Portonovo prepara xa a que será a cuarta edición da Lanzada Ocean Race, unha proba que aspira a seguir crecendo.
Esta competición, na que esperan volvan participar os mellores especialistas de surfski e padel-surf de España e Portigal, celebrarase os días 9 e 10 de decembro.
En anteriores edicións tomaron a saída na Lanzada grandes campións internacionais como o campión olímpico de piragüismo Carlos Pérez 'Perucho', o surafricano e ex-campión do mundo Óscar Chalupski, o subcampión olímpico portugués Enmanuel Silva, o tudense Iván Alonso, campión mundial de maratón, ou os vencedores da pasada edición, os franceses Rémi Pété e Cyrille Carré.
A proba rexerase polo regulamento internacional de probas oceánicas.
Haberá dúas saídas, a primeira desde a praia da Lanzada cun percorrido aproximado de 15 quilómetros para as categorias SS1, SS2 e OC1 e a segunda saída desde a praia de Major duns 7 quilómetros para as categorías de padel Surf. A meta para ambas as modalidades estará instalada en Portonovo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 4 de decembro.