O Club Voleibol Pontevedra toma impulso tras un emocionante duelo ante o Xiria
Por Redacción & Diego Torrado
O equipo senior feminino do Club Voleibol Pontevedra progresa adecuadamente na Primeira División Galega.
Con dúas vitorias en tres xornadas, as pontevedresas colleron impulso para situarse na quinta praza, pero o mellor é o avance no seu xogo.
No que o club cualifica de "un dos encontros máis igualados da tempada", o CVP saíu vencedor ante o Xiria, nun choque disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
As locais dominaron cada un dos sets, pero o Xiria de Carballo non se despegaba no marcador e todos e cada un decidíronse por pequenos detalles nos últimos puntos. Así tivo que chegarse ao quinto parcial de desempate, que caeu ao lado pontevedrés (25-20, 22-25, 25-23, 24-26, 15-13).
Os avances mostrados polo CVP fan mirar con optimismo o futuro próximo, cun complicado desprazamento na próxima xornada á pista do terceiro clasificado, o Zalaeta da Coruña.