Positiva estrea do Trofeo Cidade de Pontevedra de bádminton
Por Redacción
O pavillón do IES Sánchez Cantón foi escenario do primeiro Trofeo Cidade de Pontevedra de bádminton.
A competición do Circuíto Galego Sub-11/17, organizada polo recentemente creado Bádminton Pontevedra, resultou unha experiencia positiva coa presenza de ao redor dun centenar de deportistas de diferentes clubs da comunidade.
Na categoría sub-11 os vencedores foron Pedro Rey (CB A Estrada) e Paula Noya (Club del Mar) en individuais e Adrián e Iker Rodríguez (As Neves) en dobres.
Pola súa banda en categoría sub-17 resultaron gañadores Omar Vila (Rachaplumas) e Almudena Vidal (A Estrada) en individuais, Javier Alava e Calor Fernández (Club del Mar) en dobres masculino, Alba Grimaldi e Gabriela Villar (Rachaplumas) en dobres femininos e Alejandra Fernández e Natalia Murio (A Estrada) en dobres mixtos.
O próximo evento que organizará o Bádminton Pontevedra na cidade terá lugar o 7 de decembro coa xornada decisiva da Liga Galega de clubs, onde terá representación e espera poder realizar un bo papel.
Relacionadas:
-
A fase final da liga Galega de Bádminton estrea a nova pista do CGTD
Por Redacción |
-
RADIO.- Sairán novos Pablo Abián ou Carolina Marín de Pontevedra?
Por Marisa Ciordia |
-
Exitoso debut do Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda Nacional
Por Redacción |
-
O bádminton volveu á cidade para quedar
Por Diego Espiño |