O deporte como ferramenta de educación
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro presentou este venres o taller 'O deporte para educar' que impartirá en Pontevedra, Marín e Poio, co apoio do Plan Social Ence.
Trátase dunha iniciativa destinada a escolares e pais da comarca na que tentarán difundir os valores do deporte e promocionar a práctica deportiva en idades de formación.
"El principal objetivo es difundir fundamentalmente entre los padres los valores del deporte y cómo la práctica deportiva en las edades de iniciación son fundamentales para incluso alcanzar un buen desarrollor educativo y escolar", explicou o presidente teucrista, Carlos García-Alén.
Para eles contarán coa axuda de Iago López Roel, que dirixirá as diferentes charlas coa axuda da responsable da base do club pontevedrés, Laura del Castillo, e coa presenza de diferentes xogadores do primeiro plantel que milita na Liga Asobal.
Estas charlas contarán, por exemplo, "cómo compaginar estudios y deporte", sinalou Iago López, xa que ás veces os pais "tienen una idea equivocada de la compatibilidad" e dos beneficios que poden ter na educación, completou García-Alén.
As xornadas celebraranse, en principio, ata finais de ano con escolares de centros como Xunqueira I, Xunqueira II, Barcelos, Cabanas, Campolongo, Froebel, Vidal Portela, Campañó, San Bieito de Lérez, Villaverde, Salvador Moreno e Doroteas na cidade de Pontevedra. Ademais "con la ayuda de la Fanpa queremos difundirnos un poco más en los municipios de Poio y Marín", recoñeceu Laura del Castillo.
O proxecto impulsado polo Teucro co apoio económico de Ence pretende ter continuidade as próximas tempadas, sen pecharse a poder ampliar a experiencia con testemuños ou experincias de deportistas doutras modalidades, ademais do balonmán.
Relacionadas:
-
Benidorm, rival do Condes de Albarei Teucro na terceira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Dolorosa derrota ante o Puente Genil dun Condes de Albarei Teucro de dúas caras (29-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Domingo de balonmán no Municipal para o Teucro ante un rival directo pola permanencia
Por Diego Espiño |
-
Non dá opción o Condes de Albarei Teucro ao Agustinos e segue adiante na Copa do Rei (31-38)
Por Redacción |
-
Duro correctivo do Huesca (34-23) a un Condes de Albarei Teucro a remolque, que se afunde ao final
Por Redacción |