A choiva condiciona o inicio do XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción
O torneo do circuíto internacional junior de tenis (ITF) máis antigo de España pon en marcha este martes a súa fase final de competición nas pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo.
A XVI edición do Torneo Internacional Junior ITF de Sanxenxo, con categoría de Grao II, toma a remuda de Pontevedra nunha edición condicionada polas previsións meteorolóxicas que avanzan episodios de choiva durante toda a semana.
É por iso que a organización está a realizar un esforzo para comprimir ao máximo o horario de xogo nas pistas que o permiten, comezado os cadros individuais este martes cunha xornada prevista entre as 8:00 e as 22:00 horas.
Entre os participantes na fase final atópanse os oito tenistas vencedores da previa, entre os que se atopan os españois Gemma Lairon e Enrique Luque, ademais de Olympe Lancelot (FRA), Daniella Medvedeva (RUS), Alice Tubello (FRA), Jake Hersey (GBR), Mischa Lanz (SUI) e Allan Deschamps (FRA).
Relacionadas:
-
Os cadetes prolongan o espectáculo tenístico en Sanxenxo co X Torneo Internacional
Por Redacción |
-
Daniela Vismane fai pleno en Sanxenxo no peche do Torneo Internacional Junior ITF
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional ITF de Sanxenxo avanza cara ás roldas finais
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |
-
As roldas finais elevan a emoción no VI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis
Por Redacción |
-
Emoción e sorpresas no inicio da fase final do Torneo Internacional de Tenis
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O futuro do tenis internacional cítase no ITF de Pontevedra
Por Diego Espiño |